A V edición das xornadas de pesca con señuelos será en marzo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Feb 2020

A V edición das xornadas de pesca con señuelos que organiza a asociación A Ribeira de Foz será o 14 de marzo en Foz.

Estas xornadas terán charlas sobre técnicas, materiais e probas prácticas. Este evento está aberto a todo o público, e é gratuíto.

O programa arrincará o sábado 14 ás 11.30 horas con charlas de Light Spinning e equipos lixeiros. Ás 12.15 será a quenda de Dentex Cantábrico e San Martiño. Pescalos a Jigging Lixeiro e Softlures.

Ás 13.00 chegará a charla sobre O Calamar. Tip Run. E acto seguido será o xantar de confraternización.

Xa pola tarde haberá unha exhibición de pesca e as probas por equipos. A organización lembra que ao remate da demostración haberá sorteos de material.

Para más información haberá que chamar ao 639 282 158.

0.14207410812378