A veciña de Outeiro Vanesa Gómez logrou o ouro nas Olimpíadas Especiais de Abu Dhabi

TerraChaXa
Vanesa Gómez resultou gañadora dunha medalla de ouro de natación na categoría de 50 m costas nos Xogos Mundiais de Verán de Olimpíadas Especiais celebrados do 14 ao 21 deste mes en Abu Dhabi.
vanesa gomez cartel
28 Mar 2019

Vanesa Gómez resultou gañadora dunha medalla de ouro de natación na categoría de 50 m costas nos Xogos Mundiais de Verán de Olimpíadas Especiais celebrados do 14 ao 21 deste mes en Abu Dhabi. Esta rapaza, nada e residente na vila de Outeiro de Rei, formou parte da delegación de Apsnais Lugo que participou nas citadas olimpíadas, delegación que acadou varios premios.

Estes xogos mundiais celébranse cada dous anos e neles compiten atletas con discapacidade intelectual; nesta ocasión competiron 192 países e 7.500 atletas.

0.13626909255981