A veciñanza afectada pola reestruturación parcelaria de Viladonga recibirá as bases en outubro

LugoXa | TerraChaXa
Están convocados a unha reunión o día 8 no local social
castro-de-viladonga-vista-aerea
30 sep 2024

As persoas afectadas pola reestruturación parcelaria de Viladonga, en Castro de Rei, están citadas o próximo 8 de outubro, martes, para recibir a documentación que lles afecta sobre este proceso.

Esta entregarase a todas as persoas interesadas cos datos e a inclusión das súas parcelas nas bases aportadas para a reestruturación.

Para recoller esta documentación, as persoas propietarias deberán presentar o DNI. Se son representantes autorizados, deberán levar unha autorización asinada e copia do DNI da persoa propietaria.

O prazo para presentar alegacións remata o día 8 de novembro e a partir deste mesmo día 8 de outubro, os planos desta zona poderán consultarse na web da Consellería do Medio Rural, no local social da Comunidade de Montes de Viladonga, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo, na empresa colaboradora Proyectegal e nas dependencias do Concello de Castro de Rei.

Para resolver dúbidas, o persoal da empresa colaboradora estará á disposición no Local da Comunidade de Montes segundo o calendario que se facilitará o día da xuntanza.

0.18498396873474