A veciñanza convoca unha xornada de limpeza do río Miño en Muimenta

TerraChaXa
Amigos do Miño, da Ponte de Outeiro, a Asociación Aquilino Iglesias Alvariño e Pozo Mouro realizarán este domingo a limpeza do leito do río.
limpeza rios 4
23 Xuño 2023

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño, da Ponte de Outeiro, a Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño e Pozo Mouro realizarán este domingo, 25 de xuño, a limpeza do leito do río Miño na praia fluvial Ribas de Miño de Muimenta.

As xornadas de limpeza do río Miño servirá para recoller restos sólidos (lixo) e deixar a zona preparada para o verán.

A veciñanza está convocada a esta sesión ás 10.00 horas.

limpeza rios 2
0.074369192123413