A veciñanza da Rigueira celebra o domingo un magosto
TerraChaXa
A Asociación Cultural e Veciñal a Rigueira, da Pastoriza, ten previsto celebrar unha festa de Magosto este domingo, 30 de outubro.

24 Oct 2022
A Asociación Cultural e Veciñal a Rigueira, da Pastoriza, ten previsto celebrar unha festa de Magosto este domingo, 30 de outubro, que terá lugar no teleclub da localidade a partir das 14.00 horas.
Na sesión, a ademais de castañas, haberá pan da casa, bolas de liscos, lacón e chourizo.
O xantar terá un prezo de 10 euros por persoa e o aforo está limitado a 60 persoas polo que se require inscrición previa. Esta debe facerse no teléfono 600 573 331 (Celeiro).
