A veciñanza das Pontes fará unha alfombra floral polo Día da Música
TerraChaXa
As persoas interesadas en participar, poden achegarse a partir das 17:00 horas, ao local social de Cáritas
19 Nov 2024
O día 23 de novembro, con motivo do Día Internacional da Música, que se celebra o 22 de novembro, a Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas Arte Efímero, en colaboración co Concello das Pontes, elaborará unha alfombra floral para conmemorar esta efeméride na praza de América, a partir das 11:30 horas.
Con tal motivo, desde o día 12, estase a realizar un obradoiro para realizar algúns traballos previos.
As persoas interesadas en participar, poden achegarse a partir das 17:00 horas, ao local social de Cáritas para colaborar na confección dos traballos.
Non é precisa inscrición previa.