A veciñanza de Begonte contará o día 26 con recollida de enseres domésticos

Este mes de novembro o Concello de Begonte procederá á recollida de enseres domésticos, concretamente o día 26.
Así os veciños que o desexen poderán depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar como electrodomésticos, xoguetes ou aparellos musicais por exemplo ata un máximo de tres enseres de gran volume por vivenda.
Dende o Concello informan que non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos nin aqueles que non sexan declarados na solicitude.
A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6.00 horas da mañá e os enseres deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.
Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 39 61 43.