A veciñanza de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito volver hoxe pola atención pediátrica

LugoXa | TerraChaXa
Tiñan convocada unha concentración no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea
manifestacion-centro-saude-castro-ribeiras-de-lea-pediatras
23 Out 2024

A veciñanza concentrouse esta mañá diante do centro de saúde de Castro Ribeiras do Lea para protestar polo servizo de pediatría para os concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito. A manifestación estivo apoiada polo PSOE, BNG e SLG, entre outros.

"As familias afectadas, queremos expresar o noso profundo malestar pola situación inaceptable que estamos a vivir co servizo de pediatría. A nosa pediatra, coma calquera profesional, ten todo o dereito a ausentarse por enfermidade ou outras razóns, pero as nosas familias tamén teñen dereito a que o servizo non quede sen cubrir, especialmente cando falamos da saúde das nosas fillas e fillos", explicaron dos demandantes.

Afirman que a falta de substitucións está a crear un baleiro na atención pediátrica "que non podemos seguir tolerando. Non podemos depender de saber no mesmo día se haberá ou non servizo, e moito menos aceptar que a persoa que cubra non sexa pediatra. Isto non pode ser a norma nun sistema que debería garantir unha cobertura mínima e estable".

Os manifestantes solicitaron a veciños e afectados que presenten reclamacións masivas a través dos impresos dispoñibles nos centros de saúde ou mediante a app do Sergas coa Chave 365.

"A saúde das nosas crianzas non pode ser tratada como un servizo de segunda. Esiximos medidas inmediatas para garantir un servizo pediátrico constante e de calidade", din.

0.14927196502686