A veciñanza de Castro de Rei participou dunha concentración diante do centro médico

LugoXa | TerraChaXa
A concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, declarou “o BNG sempre vai estar do lado da veciñanza, é unha obriga garantir o dereito á saúde"
BNG-Castro-de-Rei-sanidade
16 Jun 2024

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei convocou á veciñanza a unha concentración diante do centro médico de Castro de Rei.

Nesta concentración participou a concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, como a deputada provincial, Iria Castro, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel.

Esta convocatoria forma parte das mobilizacións e accións que o BNG impulsou para reclamar ao goberno da Xunta de Galicia que aplique as medidas precisas para a dotación de recursos, tanto materiais como humanos, para contar cos servizos sanitarios plenos.

A concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, declarou “o BNG sempre vai estar do lado da veciñanza, é unha obriga garantir o dereito á saúde, mais o PP tanto na Xunta como no goberno municipal teñen un obxectivo, esnaquizar os servizos públicos”.

Neste senso, a concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei que vemos como nos pechan o consultorio dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro” e incidiu “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse ata o centro de Castro Riberas de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”

0.16205811500549