A veciñanza de Castro de Rei terá un curso para aprender a usar os caixeiros

LugoXa | TerraChaXa
Esta formación será o vindeiro venres 27 de setembro ás 11.40 horas na antiga escola de Castro Ribeiras de Lea
Caixeiros-Abanca
25 sep 2024

O Concello de Castro de Rei ofrece un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro venres 27 de setembro ás 11.40 horas na antiga escola de Castro Ribeiras de Lea.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños que poderán facer uso de maneira sinxela deste aparello bancario.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.

0.17992115020752