A veciñanza de Castro de Rei volveu concentrarse na defensa da súa sanidade
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei coa concelleira, Olga García á cabeza, volveu concentrarse coa veciñanza das parroquias afectadas polo peche do consultorio de Castro de Rei. O consultorio de Castro de Rei segue pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica e agora ademais no centro de saúde de Castro Riberas de Lea non teñen atención pediátrica.
“A veciñanza estamos cansas de que o PP nos ningunee”, declara Olga García. “Non podemos admitir que a Consellería de Sanidade teña abandonado o noso concello, como tampouco podemos permitir o silencio do noso alcalde, non só manteñen pechado o consultorio de Castro de Rei senón que ademais quedamos sen pediatra no concello” explica á concelleira nacionalista.
As familias de Castro de Rei xunto coas de Cospeito e Outeiro de Rei están a reclamar a volta da atención do servizo de pediatria e “dende o BNG apoiamos esa reivindicación e imos estar sempre ao seu lado pois estannos a vulnerar dereitos fundamentais como é o dereito a unha sanidade pública”, concluíu Olga García.