A veciñanza de Cospeito recolleu 200 quilos de tapóns solidarios para Apsnais

TerraChaXa
O Concello de Cospeito fixo entrega de 200 quilos de tapóns solidarios á Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual, Aspnais Lugo, para colaborar nos proxectos desta entidade, que atende a diversas persoas de Cospeito e realiza un labor fundamental na provincia no relativo á atención a persoas con discapacidade e ás súas familias.
cospeito tapons solidarios apsnais
cospeito tapons solidarios apsnais
26 Feb 2024

O Concello de Cospeito fixo entrega de 200 quilos de tapóns solidarios á Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual, Aspnais Lugo, para colaborar nos proxectos desta entidade, que atende a diversas persoas de Cospeito e realiza un labor fundamental na provincia no relativo á atención a persoas con discapacidade e ás súas familias.

O ente municipal agradeceu a toda a veciñanza as súas aportacións, "xa que a diario achegan ao contedor de tapóns instalado diante do Concello bolsas cargadas de compromiso co medio ambiente e coas persoas con discapacidade".

Logo de recollelos clasificaranse nun taller dedicado á selección e clasificación de tapóns e plásticos válidos para a reciclaxe.

0.18501091003418