A veciñanza de Trastomil invita á de Santaballa a preparar o centenario da Escola da Fonte Pisón
A Asociación de Veciños de Trastomil convoca á veciñanza de Santaballa para un encontro o sábado 19 de outubro de 2024 ás 10:00 horas na Escola da Fonte Pisón.
O obxectivo principal da convocatoria é organizar accións de mellora na escola, que en 2027 cumprirá cen anos dende a súa construción. A asociación considera importante conmemorar este centenario cun evento digno en agradecemento a todas as persoas que fixeron posible a existencia deste espazo educativo.
Durante a xuntanza, visitaranse as instalacións da escola e os seus arredores, para planificar futuras actuacións de mantemento e designar responsables para tarefas como a limpeza, a documentación e o financiamento. Recoméndase que os asistentes leven luz, calzado e roupa axeitada para a ocasión. Se as condicións meteorolóxicas non son favorables, a segunda parte do encontro realizarase na Liga de Santaballa.