A veciñanza de Xermade terá un curso para aprender a usar os caixeiros

TerraChaXa
Esta formación será o vindeiro martes 24 de febreiro ás 10.30 horas na Biblioteca Municipal
Caixeiros-Abanca
Uso caixeiros
22 Feb 2026

Dando resposta ás peticións dos maiores que ven limitado o uso do caixeiro ao non ter os coñecementos adecuados para levar a cabo as diferentes operacións e debido á redución das oficinas bancarias, o Concello de Abadín ofrece un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro martes 24 de febreiro ás 10.30 horas na Biblioteca Provincial.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños, que poderán facer uso de maneira sinxela deste aparello bancario. Tamén inclúe consellos prácticos para previr fraudes e estafas e protexer os datos persoais.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.

0.074338912963867