A veda para a pesca da centola e do boi comeza o 28 de xuño en Lugo

TerraChaXa | AMariñaXa
A veda da centola e do boi na zona comprendida entre o cabo de Estaca de Bares e ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, comezará o sábado 28 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 1 de decembro.
26 Xuño 2019

A veda da centola e do boi na zona comprendida entre o cabo de Estaca de Bares e ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, comezará o sábado 28 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 1 de decembro. Na parte litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata Estaca de Bares a prohibición aplícase dende o día 23 de xuño e prolongarase ata o 10 de novembro, este incluído.
Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2019-2020, que establece o período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra dende as 00:00 horas do sábado, 22 de xuño, ata as 00:00 horas do domingo, 10 de novembro. Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00:00 horas do día 28 de xuño ata as 00:00 horas do domingo, 1 de decembro.
Desde o 12 de novembro de 2018, día desde o que estivo autorizada a extracción da centola, ata a actualidade vendéronse nas lonxas galegas máis de 490 toneladas desta especie por un importe de máis de 4,5 millóns de euros segundo os datos provisionais. En canto ao boi, desde o 12 de novembro de 2018 ata a actualidade, poxáronse nos centros de primeira venda de Galicia máis de 20 toneladas desta especie por un importe que superou os 184.000 euros.
O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte, en Galicia. As dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto.  
A veda é unha das medidas que contribúe a aumentar a biomasa e a regular a pesqueira da centola e do boi, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 577

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 578
0.13487601280212