A Vicepresidencia dará axudas para a recría de Raza Rubia Galega a 279 gandarías da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A maioría das granxas beneficiarias concéntranse nas comarcas de Sarria, dos Ancares, de Lugo e nos concellos de A Fonsagrada e Vilalba
vaca-raza-rubia-galega-acruga
22 Oct 2025

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de axudas do programa Marela, enfocado no apoio á recría de xatas de Raza Rubia Galega nas granxas de nacemento.

Segundo se detalla na resolución, 279 ganderías da provincia -trinta máis que na pasada edición - beneficiaranse das achegas, que suman un total de 232.000 euros -40.000 euros máis que na pasada edición-

A maioría das granxas beneficiarias das axudas concéntranse nas comarcas de Sarria -especialmente nos concellos de Láncara, Paradela e Triacastela–, dos Ancares -especialmente nos concellos de Baralla, Cervantes, Pedrafita e As Nogais–, de Lugo –especialmente nos concellos do Corgo, Friol, Lugo e Castroverde– e nos concellos da Fonsagrada e Vilalba, en consonancia coa distribución da cabana desta gandería na provincia.

O deputado de Rural Daniel García destacou que “e o número de granxas beneficiarias se incrementou grazas ao reforzo orzamentario do programa, que planificamos como un apoio á á recría e á gandería de vacún de carne, un sector fundamental para a provincia polo seu impacto económico pero tamén social e medioambiental, xa que falamos sobre todo de granxas de pastoreo situadas, na súa maioría, en concellos de montaña onde esta gandería é a mellor alternativa para o aproveitamento do territorio”

As axudas por gandería oscilan entre os 400 e os 2.400 euros, en función do número de xatas reprodutoras -cun parto antes dos 36 meses– que se crían na granxa, ata un máximo de seis animais por granxa. En total, son 580 animais os que reciben as subvencións.

A resolución pode consultarse na web da Deputación de Lugo, no apartado de Subvencións de Concorrencia Competitiva da área de Medio Rural e do Mar e no Boletín Oficial da Provincia do 17 de outubro. As ganderías solicitantes teñen un prazo de 10 días hábiles para presentaren alegacións á resolución.

⚙ Configurar cookies
0.073409080505371