A vilalbesa Florentina Carreiras foi recoñecida polo seu 101 aniversario
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, desprazouse ata Vilapedre para felicitar a Florentina Carreiras polo seu 101 aniversario.
A veciña vilalbesa, que alcanzou o fito de máis dun século de vida, recibiu un fermoso ramo de flores das mans da rexedora, quen, acompañada polo concelleiro Luis Fernández, compartiu con Florentina unha agradábel e emotiva conversa.
Florentina, a maior dunha familia de 11 irmáns, converteuse nunha figura emblemática para a súa comunidade. A visita, cargada de agarimo e recoñecemento, marcou tamén o final dun ciclo especial para a alcaldesa, quen ao longo deste ano estivo visitando os 19 centenarios do municipio.
"Parabéns de novo, Florentina, por este fermoso aniversario! E moitas grazas, tamén á súa familia, por recibirnos con tanto cariño", expresou Marta Rouco ao rematar o encontro.