A vilalbesa Julia García sopra as 101 velas coa alcaldesa

TerraChaXa
A pasada fin de semana Julia García sopraba 101 cadeas para conmemorar unha cifra de idade á que non todos teñen o luxo de chegar.
visita julia centenaria alcaldesa
2 Abr 2024

A pasada fin de semana Julia García sopraba 101 cadeas para conmemorar unha cifra de idade á que non todos teñen o luxo de chegar. E precisamente, esa cifra extraordinaria, que o Concello de Vilalba vén recoñecendo cunha humilde homenaxe, foi a protagonista da visita da alcaldesa, Marta Rouco, ao Hospital Asilo de Vilalba, onde reside Julia García.

Xunto a Marta Rouco, tamén a concelleira Paula Vigo visitou o Hospital Asilo de Vilalba para agasallar a Julia cun ramo de flores en mostra de agradecemento e admiración pola súa idade. Ademais, a rexedora vilalbesa aproveitou a ocasión para interesarse polo seu estado de saúde e saudar aos demais usuarios e usuarias que se atopaban no salón común das instalacións.

"Coñecer persoalmente aos meus veciños e veciñas é un auténtico pracer e poder saudalos é un dos meus principais obxectivos" sinalou Rouco, quen continuará coas súas visitas a próxima semana para felicitar a outra vilalbesa que acada a centuria nos vindeiros días.

0.18569397926331