'A volta ao mundo en 80 notas' fai parada este sábado en Guitiriz

TerraChaXa
O concerto teatral será ás 18.00 na praza do Campo da Feira
A-votla-o-mundo-en-80-notas
20 sep 2024

Este sábado, 21 de setembro, a veciñanza de Guitiriz poderá desfrutar da obra de teatro A volta ó mundo en 80 notas, a cargo da Asociación Cultural de Artes Escénicas e Audiovisuais Curuxán.

A representación será ás 18 horas na Praza do Campo da Feira (se as condicións meteorolóxicas non o permite será na Casa Habanera).

Con este concerto de preto de unha hora a banda fai un percorrido polas músicas doutros lugares a través de sons e decorados. Trátase dun conto musical que narra a historia dun matrimonio que un día tomando café na Praza Maior deciden facer unha viaxe polo mundo adiante, saíndo do aeródromo das Rozas en avioneta, coñecendo un sinfín de países e lugares coa súas culturas. De Galicia pasa por Escocia, Inglaterra, Italia, Austria, Hungría, Rusia, Xapón, o Polo Norte, Estados Unidos, Caribe, México, Brasil, Arxentina, Polo Sur e África regresando a España.

Soaron cancións tan coñecidas como a Muiñeira de Lugo, a banda sonora de Piratas do Caribe, Hakuna Matata ou o himno da alegría.

Trátase dunha actuación enmarcada no programa Circuíto teatral afeccionado da Deputación de Lugo.

0.20503187179565