A webserie 'Un ronsel de futuro' presentarase no xoves en Meira
Meira acolle o xoves 21 a partir das 20.30 horas Ronsel de futuro: historias soterradas, unha webserie que trata de achegar, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Os interesados poderán gozar da proxección no centro sociocultural do Concello. O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio.
Logo de presentar o proxecto nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, a webserie documental preséntase cun formato espectáculo ao longo das diferentes comarcas da provincia de Lugo.