A X Ruta Turística Vila das Pontes deste sábado ultima a inscrición

TerraChaXa
Terá un percorrido total de 110 kilómetros divididos en tres seccións entre as cales se fará un pequeno descanso
x-ruta-automovil-as-pontes
13 Apr 2026

O Automovil Club As Pontes organiza a 10ª Ruta Turística Vila das Pontes o 18 de abril, unha proba puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra.

É este un evento automobilístico non deportivo no que poden participar todo tipo de coches, tanto actuais como clásicos, os cales terán que seguir as indicacións da organización plasmadas nun rutómetro o cal indica a hora que teñen que pasar polos puntos sinalados e respectando en todo momento as normas de circulación.

A ruta terá un percorrido total de 110 kilómetros divididos en tres seccións entre as cales se fará un pequeno descanso, e, ao final da ruta, cenarase todos xuntos e compartiranse as vivencias do percorrido, realizado por distintos lugares, pobos e rúas do Concello das Pontes.

As inscricións para a Ruta Turística estarán abertas ata este martes 14 de abril as 20:00. O prezo da inscrición é de 70 euros para piloto e copiloto con dereito a cea fin de ruta e de 40 euros se non queda á cea. Tamén hai a posibilidade de que acudan acompañantes cun custo de 35 euros.

Farase a entrega de dorsais e demais documentación na Cervecería O Colador a partir das 14:30 situado na Avenida da Coruña 37 e a saída do primeiro participante será as 16:00.

A saída e máis o parque pechado estarán situados na Rúa 8 de Marzo preto da estación de autobuses.

Una vez completada a ruta no Restaurante Pena da Revolta desfrutarase da cea a partir das 22:00 e, posteriormente, será a entrega de premios.

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados, o primeiro equipo feminino e o trofeo Gumersindo Calvo para o equipo máis novo.

0.15442514419556