A Xanela das Pontes presentará a asociación ao colectivo veciñal de Cabreiros
TerraChaXa
A Xanela, Asociación Discapacitados Activos, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de prestar un conxunto de atencións a persoas con diversidade funcional e/ou persoas maiores.
8 Abr 2024
A Xanela, Asociación Discapacitados Activos, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de prestar un conxunto de atencións a persoas con diversidade funcional e/ou persoas maiores.
O seu local atópase nas Pontes, onde imparten información e asesoramento, servizo de rehabilitación, respiro familiar, actividades complementarias, actividades de ocio e tempo libre, servizo de transporte adaptado, e outros moitos servizos.
Representantes do colectivo asistirán no local da Asociación de Veciños de Cabreiros no Concello de Xermade a dar a coñecer o seu traballo e os programas ofertados para a poboación da contorna.
A cita será este venres, 12 de abril, ás 16.30 horas.