A Xanela organiza a primeira carrera solidaria para o proxecto As Pontes Contigo
A Asociación de Discapacitados Activos A Xanela organiza o domingo 24 de setembro na rúa 8 de marzo, nas Pontes, unha actividade de carácter voluntario na que os fondos recadados irán destinados ao proxecto As Pontes Contigo.
A actividade vai consistir nunha serie de carreiras, as cales van a estar divididas por categorías de idade, e dúas andainas, unha para os maiores de idade e outra para os menores. Ás 11.00 horas terá lugar a carreira absoluta e, previamente, entre intervalos de tempo, darán comezo o resto de carreira dos menores de idade, dende as 10.00 ata as 10.55 horas.
O prazo para inscribirse estará operativo ata o martes 19 de setembro ás 23:59 horas e para poder inscribirse hai que acudir á web de Carreiras Galegas. O prezo será de 6 euros para os que fagan a carreira e de 3 euros para os da andaina.
A recollida dos dorsais será o mesmo día da carreira no lugar de saída, dende as 9:00 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
Todas as persoas participantes na categoría escolar van a recibir de agasallo unha medalla e unha bolsa co avituallamento.
Os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres clasificadas na categoría absoluta van a recibir un trofeo. As tres primeiras persoas clasificadas na categoría inclusiva dentro da carreira absoluta van recibir un agasallo e, ademais, haberá outro para a persoa con máis idade que remate a carreira.