A Xesteira acolle a peregrinación de San Bernabé o 17 de maio no marco do Ano Xubilar 2025

TerraChaXa
A xornada comezará ás 10:00 horas cunha saída desde a Praza da Igrexa
peregrinacion-a-xesteira
16 May 2025

A Cofradía Nosa Señora do Pedregal de Meira organiza o vindeiro 17 de maio a tradicional Peregrinación a San Bernabé da Xesteira, unha cita especial que este ano se enmarca na celebración do Ano Xubilar 2025.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha saída desde a Praza da Igrexa meirense. Xa na Xesteira, celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas. Ao remate, os participantes poderán gozar dun xantar de confraternidade na carpa situada en San Bernabé da Xesteira.

Esta peregrinación é unha oportunidade para combinar fe, tradición e convivencia nun día festivo que cada ano reúne a veciños e visitantes nun enclave cheo de simbolismo e devoción.

⚙ Configurar cookies
0.11465692520142