A xira dos Bolechas chega mañá ás Pontes

TerraChaXa
A tradicional xira que a Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e TVG preparan á familia Bolechas ao concello das Pontes.
crebanoces xira bolechas
3 Xan 2022

A tradicional xira que a Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e TVG preparan cada ano levará este Nadal á familia Bolechas ao concello das Pontes de García Rodríguez.

Este Nadal, os Bolechas están a preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo. Poderán os Bolechas recuperar o seu crebanoces de Nadal?

Estarán nas Pontes o martes 4 no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18,00 horas.

As entradas son de balde ata encher a cabida. 

0.14127206802368