A XLII Romaxe Crentes Galegos será o 14 en Vilalba

TerraChaXa
A área recreativa da Madalena será a protagonista da XLII Romaxe Crentes Galegos o sábado 14 de setembro.
Captura de pantalla 2019 09 06 a las 9.45.20
10 sep 2019

A área recreativa da Madalena será a protagonista da XLII Romaxe Crentes Galegos o sábado 14 de setembro. O recordo de Pepe Chao estará presente no acto xa que foi un persoeiro que participou activamente nestes econtros.

O programa comezará ás 11.00 cun acto e pinchos para os asistentes. Ao mediodía será a celebración da palabra de despois o xantar de confraternización da irmandade.

Haberá actuación musicais durante toda a tarde, ata que ás 18.00 sexa a clausura do acto.

A organización recorda que se o tempo non é favorable, os actor serán no auditorio municipal e no pavillón vilalbés.

A primeira Romaxe foi no Pedregal de Irimia, e foi percorrendo diferentes lugares como San Alberte, O Incio, Ribadeo e ata Sobrado dos Monxes, onde tivo lugar a XLI Romaxe. A festa naceu para achegar a Igrexa ao pobo e enraizar as crenzas cristiás na cultura de Galicia. A Romaxe de Crentes Galegos reúne cada ano a 5.000 persoas nunha singular liturxia itinerante.

0.18260884284973