A xornalista Marta Gesto Lagüela será a pregoeira das festas de Vilalba
A concelleira de Cultura Tamara Rodríguez anunciou que Marta Gesto Lagüela será a pregoeira das Festas de San Ramón e Santa María 2023.
Marta naceu e medrou en Vilalba (na avenida Terra Chá) e con 18 anos marchou a Salamanca para estudar xornalismo. De aí foi a Madrid, onde leva xa dúas décadas traballando en diferentes medios de comunicación.
Pasou polas redaccións de Europa Press, A Sexta, Vocento e agora é a Directora Xeral de InfoLibre, onde fai patria a diario con outro vilalbés, o tamén xornalista Daniel Basteiro.
É profesora no máster de branded content da Madrid Content School e participa en diferentes actos formativos da Universidade Rey Juan Carlos e do Centro de Excelencia Internacional Sergio Arbolea.
Como explicaron desde a organización, sempre se definíu como "moi, moi vilalbesa" e conserva as súas amizades (do Insua Bermúdez, da Banda...), ademáis do forte vínculo familiar con Vilalba, pois é "filla e neta de vilalbeses".