A Xunta achega 4,4 millóns de euros aos concellos da comarca de Lugo a través do Fondo de Cooperación Local

TerraChaXa
A través do Fondo de Cooperación Local a Xunta de Galicia distribúe, cada ano, máis de 4,4 millóns de euros entre os oito concellos da comarca de Lugo (Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade) un 3% máis que na anualidade anterior.
4 Out 2017

Trátase dun plan de inversións que o Goberno galego reparte conforme a criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios (Fegamp) e onde o factor máis relevante é o número de habitantes, pero tamén valora outros como a superficie, o número de persoas maiores de 65 anos e os núcleos de poboación.

Respecto á autonomía municipal
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estes recursos chegan a todos os concellos lucenses sen excepción, xa que logo a intención do Executivo autonómico é esforzarse por satisfacer as necesidades de todos os lucenses, vivan onde vivan e con independencia da cor política do seu alcalde.

Ademais unha das súas principais vantaxes do Fondo de Cooperación da Xunta é que son os propios concellos os que, en uso da súa autonomía, deciden o destino dos fondos, é dicir, as obras, servizos ou gastos ás que orientarán estes recursos. Esta característica diferencia o plan da Xunta doutros programas similares, como pode ser o plan único da Deputación, onde os recursos que recibe cada municipio teñen condicionado o seu destino”.

0.1890389919281