A Xunta actuará en 19 estradas galegas ao seu paso por 30 concellos galegos

LugoXa | TerraChaXa | OurenseXa
Na provincia luguesa actuará en Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei, en na ourensá en Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz
traballos-limpeza-estradas-recurso
23 Jan 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir un total de 32 ofertas de empresas para executar as obras de renovación do firme en 19 estradas de titularidade autonómica ao seu paso por 30 concellos das catro provincias, licitadas por un orzamento conxunto superior aos 10,6 millóns de euros.

O obxectivo é mellorar as características funcionais das estradas da Xunta e seguridade viaria en distintos treitos, para o que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, as actuacións en catro lotes distintos, un por provincia.

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme destas estradas, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

No que corresponde á de Lugo, recibíronse sete ofertas de empresas para as actuacións de reforzo do firme centradas nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei.

Na provincia de Ourense, presentáronse seis empresas para executar as obras do contrato de acondicionamento do firme das estradas OU-102, OU-104, OU-105, OU-150, OU-320 E OU-537, ao seu paso polos concellos de Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz.

En concreto, en todas as intervencións obxecto destes contratos inclúese a rehabilitación superficial do firme destas estradas, con actuacións que incorporan a restauración ou mellora das características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade segundo a tipoloxía e necesidades de cada unha delas.

Así, as obras incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme; selado de fisuras lineais con mestura bituminosa, renovación e homoxeneización da rodadura.

A maiores, segundo as necesidades das distintas vías autonómicas, defínense unha serie de actuacións complementarias necesarias para a correcta execución dos traballos, como é a reposición de marcas viarias (liñas continuas e descontinuas, cebras, símbolos e resaltes) nos tramos onde se renove a capa de rodaxe e nos tramos onde a xa existente perdeu as súas prestacións.

O departamento de Infraestruturas da Xunta segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria.

O obxectivo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é adxudicar estes contratos ao longo do primeiro semestre do 2026, para executalas tamén neste ano.

O departamento que dirixe María M. Allegue acadará de novo o récord histórico en investimento en conservación de estradas da rede autonómica neste ano, con 71,6 millóns de euros.

⚙ Configurar cookies
0.078293800354004