A Xunta anuncia que mellorará a cuberta do colexio Antía Cal de Muras

TerraChaXa
A Xunta de Galicia acometerá a mellora da cuberta do Ceip Antía Cal de Muras o vindeiro verán.
4 Dec 2019

A Xunta de Galicia acometerá a mellora da cuberta do Ceip Antía Cal de Muras o vindeiro verán. Así o aninciou a concelleira popular Eugenia Requeijo trala reunión que mantivo en días pasados co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Eugenia Requeijo recolle "o sentir da comunidade educativa que, a través de distintas vías, expresou a necesidade de realizar esta mellora, dando traslado ao organismo que ten competencias na materia pero, sobre todo, obtendo solucións que é o que lles importa aos pais, mestres e ao Partido Popular”, explica.

0.090940952301025