A Xunta apoia a celebración do 30 aniversario de Leña Verde en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O delegado da Xunta, Javier Arias, gabou o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas
Presentación-Leña-Verde-Xunta
9 Ago 2024

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou á asociación Leña Verde polo seu 30 aniversario, que celebrarán este sábado na carballeira de Mosteiro (Pol) cunha xornada festiva na que colabora a Xunta de Galicia.

Arias participou na presentación do programa de actos na Delegación Territorial xunto a Oscar Trigo e Luis Cedron, representantes da directiva da entidade. Dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú e a continuación haberá un xantar popular.

O delegado gabou o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas, destacando a súa contribución á música popular “cunha formación xurdida no seu seo e que leva alí onde vai o nome de Pol e da provincia de Lugo”.

0.19172692298889