A Xunta apoia as festas que se celebran esta fin de semana en Xustás

TerraChaXa
A Delegación Territorial acolleu a presentación dos concertos e actuacións previstas
festas-xustas-cospeito-presentacion
23 Jul 2025

A Xunta colabora coas festas de Santiago Apóstolo que se celebran na parroquia de Xustás, no concello de Cospeito, entre o xoves 24 e o sábado 26 de xullo.

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación dos concertos e actuacións previstas, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; e membros da comisión organizadora.

As orquestras e grupos que animarán os festexos deste ano serán Eureka, o día 24; Ritmo Joven e Talismán, o 25; así como Fuxsión Latina e Saudade, que pecharán a celebración o 26.

⚙ Configurar cookies
0.17738604545593