A Xunta arquiva sete proxectos eólicos en Galicia ao non superar a avaliación ambiental

TerraChaXa | AMariñaXa
No caso da provincia de Lugo, os proxectos que quedan definitivamente arquivados están en Cervo, Xove, Viveiro e Muras
Imaxe recurso de eólicos
11 Mar 2026

A Xunta de Galicia decidiu arquivar sete proxectos de parques eólicos previstos nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra despois de que non superasen o procedemento de avaliación ambiental.

No caso da provincia de Lugo, os proxectos que quedan definitivamente arquivados son Caroliño, previsto entre os concellos de Cervo e Xove e promovido por Naturgy Renovables; Pequecho, tamén impulsado por esta mesma empresa e situado entre Viveiro e Xove; e Hépotas II, localizado no municipio de Muras e promovido pola empresa Hépotas SLU.

Na provincia da Coruña quedan sen continuidade dous proxectos. Trátase da ampliación do parque eólico Graiade, situado no concello de Porto do Son e promovido por Eólica de Graiade, así como do parque Fontella, previsto entre os municipios de Aranga e Oza-Cesuras e impulsado pola compañía Galenergy.

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra arquívanse os proxectos Chan do Eixo, situado entre A Cañiza e Covelo e promovido pola sociedade Parque Eólico Chan do Eixo, e Merendón, previsto entre os concellos de Oia e O Rosal e impulsado pola empresa Tiraventos.

As resolucións levan a sinatura da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría.

0.11541700363159