A Xunta concede a licenza para a explotación da mina de Silán, en Muras
A Xunta de Galicia vén de extender a autorización para explotar o xacemento de feldespato ao descuberto en Silán, en Muras, o maior de España e segundo de Europa, cunhas reservas valoradas en 660 millóns de euros. Unha medida que foi moi criticada e denunciada no mes de marzo por varios colectivos ecoloxistas e veciñais.
Esta aprobación supón que a explotación logrou todos os permisos, licenzas e autorizacións da Xunta, que confirman a viabilidade e sustentabilidade do proxecto para a extracción de feldespato sódico e potásico, mineral estratéxico na industria azulejera e cerámica.
Antes do inicio da actividade, Urbas, empresa concesionaria, explicou que realizará a comunicación previa ao Concello de Muras, achegando o proxecto completo e todos os informes favorables recibidos.
O xacemento conta cunhas reservas probadas de 12 millóns de toneladas valoradas en 660 millóns de euros, que poderían ser substancialmente superiores conforme aos últimos estudos de prospección e sondaxes realizados.
As operacións comezarán en breve na ampliación a San Acisclo, unha das cinco concesións das que Urbas é titular. A previsión é extraer ao redor de 200.000 toneladas anuais de feldespato, que se incrementarán sucesivamente e poderían chegar a 500.000 mediante a posta en explotación doutras frontes mineiras e a apertura das outras catro concesións lindeiras.
Urbas anunciou que aproveitará as sinerxias para crear unha vintena de empregos e que están a valorar tamén a apertura dunha planta de procesado.
A produción nacional de feldespato (máis de 900.000 toneladas) non pode abastecer a demanda da industria de pavimentos e revestimentos cerámicos (case 3,5 millóns de toneladas), sendo por iso necesaria a súa importación, aseguran dende a empresa.
A empresa anunciou que a produción do xacemento de Silán é previsible que se destine ao consumo nacional, aínda que non se descartan outros mercados.
AS VOCES EN CONTRA
No mes de marzo, o Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, presentaron alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076.