A Xunta da AECC das Pontes participa na reunión das xuntas locais da Coruña
A Xunta Local das Pontes de Asociación Española contra o cancro participa hoxe xoves, 14 de marzo, na reunión provincial de xuntas locais da Coruña que, este ano, se celebra en Santiago de Compostela, no CiMUS - Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas-
As representantes da xunta local das Pontes terán diferentes encontros cos grupos de investigación que traballan neste espazo, financiados con fondos das xuntas locais da Asociación Española Contra o Cancro, coa finalidade de coñecer, de primeira man o traballo que están a desenvolver.
As xuntas locais son un dos motores que impulsan á Asociación Española contra o Cancro. Na provincia da Coruña hai preto de 50 xuntas locais que permite detectar necesidades e estar moito máis preto das persoas.
As xuntas locais non só achegan á AECC tamén lle ofrecen un tecido social aos seus concellos, permiten utilizar recursos que doutra maneira non chegarían a toda a poboación, enriquecen a prestación de servizos e fortalecen os vínculos entre as persoas.
Contribúen a previr, sensibilizar, apoiar, acompañar e a captar ingresos que se destinan ao fomento da investigación sobre o cancro