A xunta de voceiros de Cospeito reunirase finalmente o luns trala petición do PSOE

TerraChaXa
O Concello de Cospeito convocou unha xunta de voceiros para a mañá do luns para poder falar da incidencia do coronavirus no municipio  e das medidas que se están a tomar.
28 Ago 2020

O Concello de Cospeito convocou unha xunta de voceiros para a mañá do luns para poder falar da incidencia do coronavirus no municipio  e das medidas que se están a tomar.

Esta xunta de portavoces foi o único punto do día que se aprobou no Pleno extraordinario solicitado polo PSOE e que se celebrou unha vez rematado o confinamento.

Tras varias solicitudes, o grupo municipal socialista de Cospeito, que dirixe Rosa Morán, logrou esta reunión na que o PSOE quere presentar varias preguntas.

"Parécenos que debemos estar informados e entre todos poder debatir o mellor para os nosos veciños”, indicaban na súa petición.

“Ante todo isto, a noso propósito non é alarmar, nin culpabilizar a ninguén, senón todo o contrario, axudar a buscar solucións”, puntualizan.

Os socialistas aseguran que queren debatir propostas, “e aínda que daquela o Goberno Municipal non quixo aprobar ningún tipo de axudas para veciños con dificultados, como si o fixeron a gran parte dos concellos, agora é tempo de que se faga”.

“Hai que ter en conta que según o previsto o curso académico iniciarase en breve e parécenos que as cousas non están moi claras, e aínda que a maioría das competencias son da Xunta de Galicia, tamén os concellos teñen a súa parte de responsabilidade, por exemplo na limpeza dos centros”, engaden.

0.098634958267212