A Xunta desinfecta hoxe varios centros de saúde
A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de 20 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus.
Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.
Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:
Na zona Terra Chá estarán no centro de saúde de Begonte e en zonas sensibles de Baamonde, así como no centro de saúde de Cospeito.
Así mesmo desinfectarán tamén o centro de saúde de Friol.