A Xunta destina preto de 60.000 euros á mellora da accesibilidade do edificio xudicial de Vilalba

TerraChaXa
A Xunta destina preto de 60.
25 sep 2017

A Xunta destina preto de 60.000 euros para mellorar a accesibilidade no edificio xudicial do concello lucense, concretamente coa instalación dun ascensor, no marco do programa de obras menores, rehabilitación e mellora dos edificios xudiciais galegos para este ano.

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro visitaron hoxe o xulgado, onde o director xeral de Xustiza destacou a importancia das obras de mellora e mantemento que o Goberno galego está a levar a cabo nas pequenas sedes xudiciais da nosa Comunidade.

Concretamente, con esta actuación a totalidade das instalacións do edificio xudicial resultarán accesibles para persoas con mobilidade reducida, persoas con necesidades especiais e acceso con carriños de bebé, xa que o edificio conta con catro plantas. As actuacións de reparación e mantemento realizadas no edificio xudicial desde o ano 2013 alcanzan case os 120.000 euros.

O Goberno galego ten en marcha o Plan de infraestruturas xudiciais, que supón levar a cabo actuacións necesarias que melloran a Administración de Xustiza, en grandes obras como son a nova Cidade da Xustiza de Vigo, o novo edificio xudicial da Parda ou a rehabilitación da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, que xa está plenamente operativo. O plan inclúe ademais obras de melloras nas pequenas sedes xudiciais da nosa Comunidade, para poder ir adaptándoas ás necesidades que van xurdindo ano tras ano.

0.16803312301636