A Xunta Electoral remata a revisión dando vía libre á renovación do bipartito na Deputación

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Lograron a mesma porcentaxe de deputados que no 2019 aínda que o PP aumentou o número de votos e ten a maioría relativa
PORTADA REPORTAXE DEPUTACION
4 Jun 2023

PP, PSOE e BNG lograron a mesma porcentaxe de deputados que no 2019 aínda que os populares aumentaron o número de votos e ten a maioría relativa.

O momento máis intenso da xornada electoral estivo protagonizado polo reconto dos votos para o reparto dos deputados provinciais. Durante a práctica totalidade da noite, os votos daban a maioría ao Partido Popular de forma absoluta. Finalmente, dous erros detectados nunha mesa en Lugo e noutra en Castro de Rei deron a volta á situación deixando ao PP de novo con maioría pero a expensas da coalición PSOE e BNG.

Tanto PSOE como BNG recoñeceron o erro e confirmaron a situación, que tivo que ser revisada pola Xunta Electoral, que ao final fixo un reconto de todos os votos nulos da zona de Lugo, Sarria e Becerreá a petición do PP. Os resultados non cambiaron polo que o PP perde a maioría absoluta por unha escasa marxe. Polo tanto, a situación repítese con relación á anterior lexislatura. O PP contará con 12 deputados, o PSOE con 10 e o BNG con 3.

Por partidos xudiciais tampouco haberá cambios, xa que no de Lugo o PP ten o 50% (6), o PSOE 4 e o BNG 2. Nos concellos da Mariña son 3 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG.

Nos distritos de Vilalba, Monforte e Chantada, que teñen dous deputados cada un repártense igual, cun socialista e outro popular. Rompe o equilibro a montaña, que só ten un deputado e que é de cor vermella.

O feito de que a Deputación se manteña igual non ten que ver cos resultados xerais que se produciron ao longo da provincia.

O descenso de votos totais do PSOE compensouse coa subida do BNG e o PP, e tamén coa baixada de Ciudadanos. Contamos, o partido que naceu nesta lexislatura para intentar xuntar votos suficientes para conseguir un deputado que servise de chave para formar goberno, non logrou reunir os sufraxios necesarios.

No partido xudicial de Lugo foi onde o PP estivo máis preto de lograr o último deputado que necesitaba grazas ao avance que tivo a candidatura de Elena Candia en Lugo. En Chantada tamén estivo preto de levarse os dous deputados en xogo.

RESULTADOS NA PROVINCIA

O PP obtivo a maioría en 41 concellos pero non gobernará en todos xa que esa maioría non é absoluta en todos eles, xa que en 10 non a ten.

Esta situación prodúcese por exemplo en Lugo, Vilalba, Viveiro, A Pastoriza, Samos ou Barreiros. Nestes casos espérase que se volvan editar os pactos de esquerdas para facerse coas diferentes alcaldías.

O PSOE ten a maioría absoluta en 17 e en 4 foi a lista máis votada e tamén dependerá de pactos.

Entre a marea de PP e PSOE tamén hai varias illas, como as do BNG, que obtivo a maioría absoluta na Pobra de Brollón e foi a lista máis votada en Muras. Tamén en Becerreá Contamos obtivo a maioría pero perdeu o control total do consistorio e Sarria Camiña volveu ser a lista máis votada. Ambos quedan pendentes tamén de posibles pactos.

A cuarta forza a nivel votos na provincia sería Contamos, con 4.589 sufraxios. Os que quedaron fóra das corporacións na provincia foron Ciudadanos, con 1.699 votos; VOX, con 1481 e Podemos que se achegou aos mil.

DEPUTADOS ACTUAIS

Chantada
Pilar García Porto. PSOE
Pablo José Taboada Camoira. PP

Lugo
José Luis Raposo Magdalena. PSOE
Xosé María Arias Fernández. PSOE
Pablo Rivera Capón. PSOE
Ana González Abelleira. PSOE
Maite Ferreiro Tallón. BNG
Efrén Castro Caloto. BNG
Jesús Manuel Núñez Díaz. PP
Francisco Javier Balado Teijeiro. PP
José Pardo Lombao. PP
José Fernández Vázquez. PP
José Ángel Santos Sánchez. PP
Oscar Poy Franco. PP

Fonsagrada
Roberto Fernández Rico. PSOE

Mondoñedo
Mayra García Bermúdez. PSOE
María Loureiro García. PSOE
Mónica Freire Rancaño. BNG
Javier Jorge Castiñeira. PP
José Manuel Gómez Puente. PP
Jesús Novo Martínez. PP

Monforte
José Tomé Roca. PSOE
Lola Castro Ochoa. PP

Vilalba
Roberto García Pernas. PSOE
Xosé María Teixido Núñez. PP

Mapa municipios partidos
munecos diputacion 2
TOME PSOE DEPUTACION
deputacion 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17257905006409