A Xunta entrega a medalla de prata de Protección Civil ao vilalbés José Franco
A Xunta entregou hoxe unha medalla de prata de Protección Civil a José Franco Criado, presidente da agrupación de voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Vilalba e da Federación Lucense de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. O delegado territorial, Javier Arias, fíxolle entrega do distintivo.
A Administración autonómica concede anualmente medallas e condecoracións ao mérito a persoas ou entidades que destacan polo seu labor en materia de Protección Civil e emerxencias no territorio galego. En 2024 outorgáronse catro medallas de prata.
Arias agradeceu o compromiso das persoas que voluntariamente adican o seu tempo a integrar as AVPC. Asegurou que a Xunta seguirá facilitando recursos, equipamento e formación para impulsar o traballo das agrupacións.