A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en Vilalba

TerraChaXa
Trátase dun apartamento duns 75 metros cadrados que conta con dous dormitorios, praza de garaxe e rocho
entrega vivenda promocion publica vilalba
30 Apr 2025

A Xunta entregou onte unha vivenda de promoción pública na rúa da Roxeira de Vilalba. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega das chaves á nova ocupante.

Trátase dun apartamento duns 75 metros cadrados que conta con dous dormitorios, praza de garaxe e rocho. Foi adxudicado en réxime de alugueiro seguindo o procedemento habitual, entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Arias destacou que en canto unha vivenda queda vacante, axilízanse os trámites para poñela a punto e entregarlla canto antes ao seguinte solicitante que figura nas listas do correspondente concello.

⚙ Configurar cookies
0.068228960037231