A Xunta financia a reparación da cuberta dos vestiarios do pavillón da Pastoriza

TerraChaXa
A actuación foi solicitada tras detectarse ata 19 goteiras nunha instalación que xa fora arranxada hai catro anos
cuberta-pavillon-pastoriza
27 May 2025

O Concello da Pastoriza vén de anunciar a reparación da cuberta dos vestiarios do pavillón de deportes da Pastoriza, grazas a un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. A obra, financiada integramente pola Xunta de Galicia cun investimento de 48.000 euros, permitirá solucionar os graves problemas de filtracións de auga que viña sufrindo a instalación.

Segundo explican desde o propio concello, a actuación foi solicitada tras detectarse ata 19 goteiras nun pavillón que, a priori, xa fora arranxado hai catro anos, cando se cambiaran os lucernarios. Con todo, as deficiencias persistían, xa que as novas estruturas continuaban deixando pasar a auga.

Dende o consistorio pastoricense agradecen á Xunta de Galicia a súa disposición para escoitar esta e outras peticións que lle veñen facendo, e celebran que esta intervención permita mellorar as condicións das instalacións deportivas municipais, garantindo un uso seguro e adecuado para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.16531610488892