A Xunta licita obras en estradas que discorren polas Pontes

TerraChaXa
O obxectivo é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos
obras-estradas-xunta-as-pontes
20 Nov 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou hoxe por importe de 2.017.639 euros as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas na comarca de Ferrol.

O obxectivo é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos das estradas AC-110, AC-112 e AC-564, que discorren polos concellos das Pontes, As Somozas, Narón e San Sadurniño.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de decembro. Os traballos contan cun prazo de execución de 5 meses.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

A Xunta continúa a traballar para manter as vías de titularidade nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 millóns de euros á súa conservación. Nos orzamentos do 2025, a aposta pola seguridade viaria, a través da conservación das estradas autonómicas e a mellora de firmes, volve tamén a ser un eixo fundamental, con máis de 68 millóns, un 30% máis que neste ano.

0.20015406608582