A Xunta pon en marcha unha campaña para alertar dos riscos no manexo do tractor

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A actuación desenvolverase nas estradas galegas en coordinación coa Garda Civil de Tráfico, nas unidades móbiles e puntos fixos da ITV e nos concellos
xurros-tractor-campo
A firma do convenio entre a Deputación e Asoporcel
15 Xuño 2024

A campaña Prevención de riscos no manexo do tractor volverá a levarse a cabo por parte da Xunta de Galicia para alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros.

A actuación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que desenvolverá o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), terá lugar nas estradas galegas, en coordinación coa Garda Civil de Tráfico, nas unidades móbiles e puntos fixos da ITV e nos concellos cunha especial incidencia no rural, tendo en conta a importancia da actividade agraria nestas áreas.

Achegar recomendacións básicas, que de terse sempre en conta evitarían moitos accidentes e minimizarían as súas consecuencias, é outro dos obxectivos desta campaña.

A meirande parte dos accidentes prodúcense entre poboación xubilada, é dicir, non son sinistros laborais polo que é preciso incidir entre os conductores de máis de 65 anos: nos sinistros mortais en tractor a maioría de persoas non están afiliadas ao réxime especial agrario, é dicir, son accidentes non laborais. A meirande parte deles teñen lugar cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos, principalmente en zonas rurais.

De feito, ata abril de 2024 non se rexistraron accidentes de traballo mortais polo uso do tractor; e entre 2021 e 2023 contabilizáronse cinco (8,93%), sendo o 91% non laborais.
Fernández tamén destacou que é preciso ter en conta o envellecemento do parque de maquinaria, xa que a idade medida dos tractores agrícolas sitúase nos 25,43 anos e dos remolques agrícolas nos 23,73 anos.

Así mesmo, as causas de sinistralidade máis frecuentes son o envorcado, atropelos e atrapamentos.

0.087563991546631