A Xunta sortea este martes unha vivenda de alugueiro accesible en Vilalba

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), iniciou o procedemento para a adxudicación de 1 vivenda de promoción pública (VPP) en alugueiro accesible en Vilalba, Lugo.
A Comisión Provincial de Vivenda iniciou o procedemento para o proceso de selección de persoas adxudicatarias o pasado 30 de xuño. A vivenda será adxudicada mediante sorteo público que se celebrará mañá 22 de xullo entre os demandantes que estaban inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, para o concello de Vilalba como concello preferente. A adxudicación farase en réxime de alugueiro e os contratos terán unha duración inicial de sete anos.
O inmoble, rehabilitado ao abeiro do Programa Rexurbe cunha inversión de 136.104 euros, está situado na rúa Concepción Arenal, 14, baixo e andar 1º, de 63,80 m² e dous dormitorios.
Unha vez realizado o sorteo, a lista provisional de adxudicatarios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello e do IGVS así como na páxina web deste organismo. Así mesmo, a continuación abrirase un prazo de 10 días para a presentación de posibles reclamacións.