A Xunta supervisa a atención ao alzhéimer no Hospital Asilo de Vilalba

TerraChaXa
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou a importancia dos centros de día especializados en alzhéimer como servizo asistencial e de apoio ás familias.
A Xunta supervisa a atención ao alzhéimer no Hospital Asilo de Vilalba
4 Mar 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou a importancia dos centros de día especializados en alzhéimer como servizo asistencial e de apoio ás familias. Fíxoo durante unha visita ás instalacións da Fundación Hospital Asilo, en Vilalba, onde mantivo un encontro con responsables e usuarios.

Ildefonso de la Campa reiterou a importancia de que administracións e entidades colaboren na procura dunha mellor calidade de vida para todas as persoas. Neste sentido, gabou o traballo realizado polos traballadores e responsables deste centro especializados na atención do alzhéimer e no asesoramento ás familias. 

O director xeral sinalou que os servizos deste tipo axudan a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias. 

 

0.19440221786499