A XVIII Ruta Chairega do Iescha visitará a zona das Pontes
O domingo 23 de setembro o Iescha realizará unha nova edición da Ruta Chairega, que chega á XVIII edición e nesta ocasión recorrerá as terras das Pontes, pola Senda da Ribeira e Industrial.
"Trátase pois dunha ruta que fará aprender, descubrir e vivir unha experiencia diferente. Unha EXPERIENCIA INDUSTRIAL", din os organizadores.
Ao finalizar a ruta, terá lugar a comida, nesta ocasión será servida no restaurante Petróleo, en Roupar.
A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto (menores acompañados, 5€) (inclúe a comida e o autobús).
O traslado dos participantes farase en autobús dende Vilalba ata o inicio da ruta, saíndo das inmediacións da Pravia (Casa da Cultura) ás 9:30 horas e retornando á tardiña.
O interesados poden apuntarse con-tactando con calquera membro da Xunta Directiva do IESCHA (directamente ou por teléfono), ou por correo electrónico (estudoschairegos@gmail.com), como moito, ata xoves, día 20 de setembro, ás 20:00 horas.