A XXXVII Feira do Poldro de Muras xa ten data e cartel

TerraChaXa
Esta feira, que destaca polas súas carreiras e a súa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro, se celebrará o domingo 28
feira-do-poldro-muras-1
6 Sep 2025

O Concello de Muras organizará o 28 de setembro a XXXVII edición da Feira do Poldro e do Gando do Monte considerada hoxe en día unha Festa de Interese Turístico Galego xa que, ano tras ano xera un importante movemento de animais e de ganderías, con exemplares, criadores e criadoras que proceden de diferentes puntos de Galicia, para participar tanto na compra e na venda, como nos certames e actividades incluídas na programación da feira.

A falta de que se publique o programa, esta feira destaca polas súas carreiras, tanto para os afeccionados como as federadas, e a súa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro a cargo de Puraga. Ademais da música e os xogos para os máis pequenos.

Espérase un éxito igual ca o resto dos anos.

feira-do-poldro-de-muras
⚙ Configurar cookies
0.13348484039307