Abadín acolle dúas xornadas de Cine na Rúa
Abadín acolle durantes esté verán dúas xornadas de Cine na Rúa.
A primiera terá lugar o vindeiro 25 de agosto ás 22.30 no Concello.
Esta primeira proxección será a película infantil Minios, el origen de Gru. Son os anos 70 e Gru crece nun barrio residencial, en pleno boom dos peiteados cardados e os pantalóns de campá.
Como fan incondicional dun famoso supergrupo de viláns, 'Os salvaxes 6', Gru idea un plan para demostrarlles que é o suficientemente malvado como para traballar con eles. Por sorte, conta coa axuda dos seus fieis seguidores, os Minions, sempre dispostos a sementar o caos por onde pasan.
A segunda proxección será o venres 1 de setembro no colexio de Moncelos ás 22.30.
Nesta acasión a pelícua proxectada será Matria, que trata sobre Ramona , unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que haxa algo novo polo que vivir.