Abadín acolle o LII Campamento Galego de Espeleoloxía esta fin de semana
O club de montañismo Lucus Augusti e a Federación Galega de Espeleoloxía celebrarán esta fin de semana en Abadín a LII edición do Campamento Galego de Espeleoloxía, na que está previsto que participen uns 40 especialistas.
O obxectivo desta xuntanza é descubrir as cavidades máis relevantes de Abadín (como a Cova de Santos e as de Pena Paleira e Surgencia do Río Muras) ademais de outras moitas en Mondoñedo, como Rei Cintolo, Senar, Capela, Carcois, Lobos e Arcos.
A reunión, na que participarán especialistas de toda Galicia e doutros puntos de España, dará comeo o sábado ás 9.00 horas coa recepción os participantes e a inauguración oficial. Durante todo o día visitarán as covas ata a hora da cena. O domingo repetirase o programa ata as 19.00 horas, hora prevista de clausura.
Paralelamente a esta actividade, a casa consistorial de Abadín acolle a exposición fotográfica O Camiño por dentro, unha mostra que se pode visitar ata o 18 de outubro con acceso libre.
Esta exposición, que ten cáracter itinerante, recolle diversas imaxes de covas que se localizan no entorno das rutas xacobeas a Santiago e ten como obxectivo poñer de manifesto a riqueza do subsolo galego.